Concello de Ames - Servizos Complementarios
Concello de Ames - Servizos Complementarios
Concello de Ames - Servizos Complementarios

O Concello de Ames abre os procesos de preinscrición e renovación dos servizos complementarios: Rede de Comedores, Bos Días Cole e Tardes Divertidas , para o curso 2021-2022.

Deberán PREINSCRIBIR os nenos e as nenas de novo ingreso nestes servizos.

Deberán RENOVAR aqueles que estean dados de alta nos servizos neste curso 2020-2021.

O prazo de PREINSCRICIÓN E RENOVACIÓN estará aberto do 1 de MARZO ao 31 de MARZO de 2021.

Os/as interesados en facer uso dos servizos complementarios do Concello de Ames o vindeiro curso escolar, poderán cumprimentar e imprimir as súas solicitudes a través desta páxina. Estas solicitudes deberán presentarse por rexistro:

Opción1: Rexistro telemático a través da sede electrónica do concello (https://sede.concellodeames.gal/es/)

Opción 2: Oficinas de asistencia en materia de rexistro do Concello de Ames:

  • Pazo da Peregrina en Bertamiráns.
  • Casa do Concello en Bertamiráns
  • Oficina Municipal do Milladoiro.

Con cita previa chamando aos números 881 074 709, 881 074 710, 881 074 711 ou premendo na seguinte ligazón SEDE ELECTRÓNICA - Concello de Ames. Para solicitar a cita no Pazo da Peregrina poderá chamar ademais ao nº 981 884 991

Opción 3: Calquera outro rexistro ao que se refira o artigo 16 da Lei 39/2015 do 1 de Outubro de Procedemento Administrativo Común das AAPP.

Nota: Os arquivos presentados de forma telemática deberán vir firmados dixitalmente por todos os proxenitores.

Os/as usuarios/as que non dispoñan das ferramentas necesarias, terán á súa disposición o persoal do Departamento de Educación, ben na oficina municipal do Milladoiro ou no Departamento de Educación en Bertamiráns, para realizar este trámite por vostede, para o que deberán solicitar unha cita ao teléfono 981 891 476.

IMPORTANTE: as preinscricións de comedor deberan vir acompañadas do formulario de baremación e de toda a documentación necesaria para proceder a valoración da solicitude de praza.

CAMBIOS IMPORTANTES NAS BONIFICACIÓNS DE TAXAS (pode consultar a información no apartado "Regulamentos e Ordenanzas")

CAMBIO NOS CRITERIOS DE BONIFICACIÓN POR MONOPARENTAL.

NOVAS CIRCUNSTANCIAS QUE DAN DEREITO Á BONIFICACIÓN DE TAXAS:

  • Familias en situación de especial vulnerabilidade económica
  • Familias vítimas de violencia de xénero

Servizos complementarios

Os servizos complementarios educativos do Concello de Ames son proxectos municipais que teñen dous obxectivos principais: axudar á cidadanía a conciliar a vida laboral e familiar e contribuír á educación en valores dos/as menores (hábitos saudables, tolerancia, convivencia...).

A atención dos nenos e nenas e a posta en marcha das actividades lévase a cabo mediante as empresas adxudicatarias da monitoraxe dos respectivos servizos.

Estes servizos ofértanse nas instalacións dos cinco centros de educación infantil e primaria públicos de Ames: CEIP Agro do Muíño, CEIP A Maía, CEIP de Barouta, CEP de Ventín e EEI do Milladoiro agás os servizos de Bos Días e Comedor Escolar que se oferta tamén na EEI A Igrexa e EEI de Covas.

Para máis información destes servizos consulte os seus regulamentos de funcionamento e a ordenanza fiscal no enlace: "Ordenanzas e regulamentos"

Bos días Cole

O servizo Bos Días Cole, dirixido aos máis madrugadores, está pensado para a atención dos nenos e nenas antes do inicio da xornada lectiva, a partir das 7:30 horas ata a hora de entrada nas aulas. O/a usuario/a poderá escoller entre as dúas modalidades do servizo: "con almorzo" ou "sen almorzo".

Rede Municipal de Comedores Escolares

A Rede Municipal de Comedores Escolares do Concello de Ames é un proxecto no que o Concello asumiu, ademais da xestión, a elaboración da comida con persoal municipal, deste xeito garántese a calidade e o equilibrio nutricional dos menús e pódense integrar a todos os nenos e nenas con necesidades específicas en condicións de seguridade.

Tardes Divertidas

Trátase dunha oferta educativa e de ocio para permitir que os pais e nais concilien a súa vida laboral durante a tarde, unha vez rematado o servizo de comedor e ata as 21:00h. Estes usuarios poden escoller entre as modalidades: "con merenda" ou "sen merenda".

Solicitude Prazas Escolas Infantís

Información

O Concello de Ames abre os procesos de preinscrición e renovación dos servizos complementarios: Rede de Comedores, Bos Días Cole e Tardes Divertidas, para o curso 2021-2022 desde o 1 de MARZO ata o 31 de MARZO de 2021.