Primavera Lúdica 2024

Primavera Lúdica

A Concellaría de Educación pon en marcha o programa Primavera Lúdica 2024, dirixido aos rapaces e rapazas escolarizados no segundo ciclo de educación infantil e en educación primaria sempre e cando a totalidade da unidade familiar este empadroada no Concello de Ames.

 
Este programa de conciliación da vida laboral e familiar desenvolverase os días 25, 26 e 27 de marzo e o 1 de abril de 2024.
Como novidade desta edición, o CEP de Ventín tamén acollerá aos nenos e nenas de educación infantil.

O prazo de inscrición ábrese o 26/01/2024, e pechará o 09/02/2024.

Cartel Primavera Lúdica 2024

Os interesados/as deberán entregar cubertos os anexos que figuran xunto con este anuncio, sendo obrigatorio entregar, en todo caso, debidamente cubertos o anexo I e o anexo II. En relación ao anexo III só será necesario entregalo naqueles casos nos que non se solicitara con anterioridade a bonificación de taxas para calquera dos programas de educación no curso 2023/2024.
Toda a documentación deberá presentarse a través da Sede electrónica do Concello de Ames, das Oficinas de asistencia en materia de rexistro do Concello de Ames (O Milladoiro e Bertamiráns) ou a través de calquer outro rexistro ao que se refira o artigo 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro do procedemento administrativo común das AAPP.

Unha vez rematado o prazo de inscrición publicarase a lista provisional de admitidos/as e excluídos na sección de Avisos da web municipal e na páxina https://www.conciliames.gal tendo un prazo de 10 días para a subsanación de documentación naqueles casos nos que sexa preciso. Para máis información poden chamar ao departamento de Educación marcando o número de teléfono 981 891 476 ou enviar un correo electrónico ao enderezo educacion@concellodeames.gal.
Dirixido a:
Nenas e nenos escolarizados en 2º ciclo de educación infantil e educación primaria
Ano:
2024
Share